Acordes naufragos
Libro de retatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor tráxico dunha santeira cubana ou mesmo os tratos dunha nena con Valle-Inclán. Relatos todos eles que ofrecen una visión imaxinativa e sensible de seres solitarios, anainados polo pano de fondo dunha música que, coma unha orquestra líquida, ergue una voz fonda, abisal, capaz de chegar aos lugares máis ocultos dos soños.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 144 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-9865-497-4 |