(GAL) MARÍA CASARES. A IMPACIENCIA POR VIVIR
Este libro permítenos coñecer a vida de María Casares. Aclamada e admirada como actriz en Francia, sobrepúxose ás adversidades que lle tocou vivir na súa vida persoal; a Guerra Civil e o exilio, o amor tempestuoso e tráxico con Albert Camus -un home casado e un dos intelectuais franceses máis importantes da primeira metade do século XX-, ou a morriña pola infancia feliz en A Coruña, foron o alimento da súa tenacidade por prepararse e estudar no teatro até chegar a converterse nunha icona mundial da interpretación e unha auténtica diva no senso máis amplo da palabra.
- Editorial: Bululu |
- Páginas: 56 |
- Dimensiones: 210x290 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-18667-29-9 |