Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

AFONSO BECERRA DE BECERREA

Pandrama

Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era do pandrama.
O pandrama é totalizador. O prefixo “pan” e o substantivo “drama”, xunguidos no pandrama, apelan non só ao drama global, igual que a pandemia se refire a unha epidemia global.
O pandrama revélanos que todos os mundos entran nel, do mesmo xeito que todos os dramas entran no mundo.
O pandrama, así mesmo, vai máis aló do que entendemos por drama clásico, por tanto, inclúe o posdrama. A suma do drama e o posdrama é o pandrama. Porque a palabra en acción non só representa ou imita o mundo, como acontece na forma dramática a través do diálogo dos personaxes nunha situación de conflito. A palabra en acción é performativa e, en consecuencia, tamén pode crear ou xerar mundos reais. A ficción fica na cabeza de cadaquén.
Todas as palabras e silencios que se ofrecen neste libro son acción, son xogo. Para iso necesítante, necesítannos, para poñelas en acción. E, ao activalas, crear o mundo de novo, como crianzas, como deuses.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páginas: 88 |
  • Dimensiones: 140x240 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-8487-578-9 |