Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

DIDION, JOAN

O ano do pensamento máxico

Traducido por Eva Almazán

Ao matrimonio de escritores, xornalistas e guionistas formado por Joan Didion e John Gregory Dunne fáltanlle uns días para celebrar os corenta anos de casados. Pasan malos momentos: a súa filla, Quintana, está en coma na UCI por unha gripe que se complicou gravemente. Unha noite, tras visitala no hospital, sentan a cear no seu apartamento neoiorquino e un infarto fulminante acaba coa vida de Dunne. N’O ano do pensamento máxico Didion tenta buscarlle sentido ao sucedido, estudalo desde todas as perspectivas ao seu alcance para asimilalo e recompoñer corpo e alma. O resultado é un sagaz estudo do dó en que milleiros de lectores se viron –ou se verán, avisa Didion– reflectidos no transo de perder un ser querido.
  • Editorial: Rinoceronte Editora |
  • Páginas: 210 |
  • Dimensiones: 135x215 |
  • Idioma: castelán |
  • Traducción: Almazán García, Eva María |
  • ISBN: 978-84-17388-81-2 |