Diario de Moscova
Diario de Moscova narra a estancia de Walter Benjamin nesta cidade entre decembro de 1926 e febreiro de 1927, onde pretendía ser testemuña directa da realidade comunista e decidir sobre a súa unión ao Partido Comunista alemán, á vez que retomar a relación sentimental coa actriz Asia Lacis, daquela enferma e unida ao amigo de Benjamin, o dramaturgo Bernhard Reich.
Considerado o traballo máis persoal de Benjamin, a través do Diario é posíbel penetrar de maneira sutil no íntimo do autor alemán, nun momento en que o desespero bordeaba o insoportable e a decepción da incipiente URSS se apoderaba del.

- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 182 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: castelán |
- Traducción: Penela, Carlos |
- ISBN: 978-84-9151-916-4 |