A colleita de ratiño
Achegábase o final do verán, a terra estaba seca e os froitos escaseaban. Entón Rato atopou un garavanzo e pensou que podería preparar un bo guiso, pero un tropezón inesperado e, máis tarde, unha divertida cadea de sucesos entre os habitantes do campo, fixeron desaparecer "o seu pequeno tesouro". Pasou o inverno; Coa chuvia e o sol da primavera, o campo encheuse de flores, froitos... e amigos especiais cos que celebrar e compartir a colleita. Un álbum con fermosas imaxes nas que podemos observar os cambios de estación e a súa influencia nos seres vivos. Un eloxio á Natureza, aos ciclos da vida e á harmonía dos habitantes da terra.
- Editorial: OQO |
- Páxinas: 48 |
- Dimensións: 250x230 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-9871-674-0 |