Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Palleiro, D.

Mapoulas sardiñas e dinamita

O libro de Daniel Palleiro nace do traballo de investigación académica que levou a cabo sobre o movemento libertario de comezos do século XX no barrio das Atochas e Monte Alto. Este traballo deu lugar tamén ao colectivo Refuxios da Memoria, que recolle a información reunida nunha web e leva uns anos organizando as xornadas “Memorial libertario. O barrio non esquece”.

Como o propio libro explica:
“(…) este libro ofrece tres posibilidades: 1) Unha lectura lineal que, seguindo a orde das páxinas, presenta unha serie de episodios e contextos históricos concatenados e ordenados cronoloxicamente; 2) Unha lectura cartográfica que, partindo do mapa das páxinas 18 e 19 permite acceder directamente a algún dos lugares de memoria e consultar a súa relación co movemento libertario. 3) Unha lectura en movemento. O texto divídese en catro partes, cada unha delas enmarcada nun contexto histórico e temático particular, cada un dos cales pode conformar un pequeno roteiro. Convidamos a pasear o barrio da man desta publicación, en grupo ou en solitario; facendo un alto en cada rúa e praza; alternando o paseo coa lectura ou a conversa, e a contemplación do patrimonio do barrio co desfrute dos seus parques e terrazas.”

Características técnicas:
ISBN: 978-84-121338-2-0
Ano de publicación: 2020
Nº de páx.: 140
Papel: Curious Skin 270g (cuberta), Cyclus Offset reciclado 90g (interior)
Impresión: serigrafía(cuberta); dixital (interior)
Xénero: Non ficción
Dimensións: 12 x 19cm
Peso:

  • Editorial: A·Lenta |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-121338-2-0 |