Tac tac tac
Tac Tac Tac é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. En 2017 Suso de Toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en Númax cunha vella Olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo. Eran Margarita Ledo, Manuel Rivas, Xabier P. DoCampo, Marina Mayoral, Susana Sánchez Aríns, Pedro Feijoo, Xabier Queipo e o propio Suso de Toro. "Tac Tac Tac", publicado por Xerais, é unha edición limitada, numerada e asinada que reproduce, tal cal, aqueles textos mecanografados, para que, como di Suso de Toro no limiar, sintamos "a presenza das cousas, a aura do papel riscado a mantenta coa tinta". Un libro fetiche, un libro único.
- Editorial: Xerais |
- Páginas: 52 |
- Dimensiones: 200x295 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-1110-228-5 |