TESOURO ESPELEOLÓXICO GALEGO
En Galiza hai dúas realidades superpostas: unha a flor de terra, outra no subsolo.
Este libro reúne unha inmensa variedade de fontes para ofrecernos unhas acreditadas memorias do subterráneo. Textos e imaxes esenciais que conforman unha enciclopedia das crenzas, mitos e saberes dun mundo subterráneo poboado por fascinantes personaxes; un modo alternativo de nos adentrar en episodios históricos e grandes lendas da cultura galega, desvelar o contido simbólico do inframundo e avanzar na comprensión dun extraordinario escenario xeolóxico e máxico que acolleu a primeira historia da humanidade.
Máis de 500 páxinas con textos e fotografías históricas, documentos sobre as covas, furnas, tuneis, minas, que hai e houbo na Galiza administrativa, na próxima ou que galegas describiron doutros lugares.

- Editorial: A Central Folque |
- Páginas: 542 |
- Dimensiones: 18x24 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-122867-6-2 |