Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva (GAL)
A señora Bartolotti ten sona de excéntrica: confecciona alfombras artesás, vai vestida e maquillada de mil cores, cítase co boticario Egon dúas veces por semana e é adicta a comprar por correo. Un día recibe por mensaxaría un enorme bote de conserva... e del sáelle un fillo repentino, Konrad, o neno de sete anos máis modélico, formaliño e ben guiado do mundo. Son o día e noite, pero Konrad e a señora Bartolotti quérense desde o principio. Por iso toman medidas extraordinarias para seguir xuntos cando uns estraños homes vestidos de celeste ameazan con separalos...
- Editorial: Sushi books |
- Páxinas: 152 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Almazán Gárcía, Eva; Traducido por Eva Almazán |
- ISBN: 978-84-16884-66-7 |