Berta Mir detective. O caso do asasino invisible
Desde que Berta se tivo que facer cargo da axencia de detectives de seu pai e se enfrontou a unha chea de casos e problemas, xa non é a mesma. E o último ano converteuse nunha espiral de tensións, sucesos e cambios na súa vida. Agora está piques de saír o primeiro disco do seu grupo, que a enche de ilusión; pero ten que decidir se continúa a súa relación con Néstor, se segue coa axencia e resolver dous casos complicados, un de acoso sexual e outro de tráfico de drogas, e todo isto co inspector Sanllehí no hospital, ferido de bala por un asasino invisible. Un remuíño de tensións que nos envolve durante toda a novela, a derradeira da serie.
- Editorial: GALAXIA |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1176-016-4 |