Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

De Toro, Suso

Ambulancia

A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se fose un fervedoiro de violencia e dureza, de vida e morte. "Ambulancia" rende homenaxe á novela negra americana, con personaxes sinistros, sempre á beira do perigo. Unha novela trepidante, de violencia estrutural. "Unha novela negra e redonda que, unha vez finalizada, deixa tan bo sabor de boca que invita á lectura..." (Vicente Araguas) ""Ambulancia" continúa sendo un magnífico relato criminal de primeira orde. Entretemento puro." (Diego Ameixeiras)
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 120 |
  • Dimensiones: 135x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1110-325-1 |