ALGUÉN VIRÁ...
Alguén virá... é unha mirada crítica ao pensamento do intelectual galego máis internacional do século XX, Luis Seoane (1910-1979). O marco temporal para estas cavilacións son os frenéticos anos cincuenta: o período de maior produción literaria de Seoane, mais tamén un tempo de reformulación das hexemonías culturais nun Atlánticoo norte co que le seguía vencellado, ainda dende a distancia do exilio. Eran anos nos que o triunfo da narrativa da "posguerra" despois da Segunda Guerra Mundial contrastada coa persistencia da guerra que expulsara da península milleiros de exiliados republicanos. Neste contexto -ineludible para entender o encontrón cos intelectuais de Galaxia do período de 1956-4958-, Seoane afonda na percepción do desaloxo da historia ao que estaban forzados os exiliados...
- Editorial: Laiovento |
- Páginas: 124 |
- Dimensiones: 140x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8487-623-6 |