A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050
Como estará a nosa lingua así que pasen 10 000 días?
Que nos depara o 2050? Falaremos o galego que falamos agora? E que ten que pasar para que sigamos a falalo?
Nesta obra colectiva, dezasete persoas novas de eidos diversos (ciencia, música, tradución, xornalismo, docencia ) falan de como ven a lingua na actualidade, imaxinan o seu futuro e comparten os desexos que teñen para ela. Responden así ás preguntas formuladas polo sociolingüista Fernando Ramallo «Como cres que estaremos a mediados de século?» e «Como desexas que esteamos a mediados de século?».
A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050 constitúe a réplica da xente nova ao volume A lingua en 2050 que Catro Ventos publicou en 2021.
Podes ver unha mostra do libro, aquí.
- Editorial: Catroventos |
- Páginas: 146 |
- Dimensiones: 153x215 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-124635-6-9 |