Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

VARELA, CARME

Faise o escuro

Case nunca as cousas son o que parecen. As persoas tampouco. Unha inocente cea cun vello coñecido pode abrir as portas do abismo. Unha amizade que se transforma e nos descobre o peor rostro das relacións humanas. O pracer de someter sen máis recompensa que alimentarse da aniquilación.
E no fondo da escena un parque eólico beneficiado por unha tramitación viciada pola indiferenza de quen debía ser árbitro e garante ecuánime. Se cadra tamén pola corrupción.
A violencia soterrada no privado e no público, no interor dun piso en Compostela e nos altos monte das serras caldelás, fan abanear as vidas de Raquel, Lidia e Eva, mentres Antón explora territorios e conquista vontades.
A fluidez e o ritmo da peza e a profundidade emocional e psicolóxica das personaxes foron claves para o xurado do certame literario SELIC que premiou Foise o escuro na edición de 2022.
  • Editorial: Positivas |
  • Páginas: 86 |
  • Dimensiones: 135x250 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-126995-4-8 |