Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Negri, Ana

Luceiro da mañá

Luceiro da mañá publicouse en 1921 e deseguida contou co aplauso de crítica e público, talvez por recoñecer na obra a fidelidade ao xénero autobiográfico característico da autora e pola súa aposta formal, cunha estrutura fragmentaria e lírica.

Ada Negri baséase en feitos da súa infancia e adolescencia para construír un relato de formación que, escrito en terceira persoa, se abre no entanto coa presenza dun eu e se achega á técnica do fluxo de conciencia. Deste xeito, mediante a suma de unidades narrativas, vaise plasmando a realidade de Dinin: as súas orixes humildes, a vida na portaría na que medra, os xogos no Xardín do Tempo, a chegada da menstruación ou a toma de conciencia da vocación poética, ao tempo que se exalta a relación con múltiples elementos da natureza (o sol, as árbores, as flores…) cos que a protagonista mantén un diálogo íntimo. Ademais, a autora conxuga o seu presente co pasado remoto da avoa e, sobre todo, co da nai, Vittoria, unha obreira explotada nunha fábrica á que a miseria obrigou a renunciar a un fillo por non poder mantelo na casa e, emporiso, caracterizada pola súa alegría vital. A cativa que observa e reflexiona converterase máis adiante nunha moza que traballará como mestra.

Con aparente sinxeleza, mediante frases que semellan anotacións e sen artificios retóricos, plásmanse feitos cotiáns, o visto e o sentido, os misterios da infancia, as primeiras preguntas, a precoz madureza e a curiosidade innata da rapaza, a súa avidez pola lectura ou a indignación ante a miseria e a desigualdade.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-126007-7-3 |