Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

CELESTER BARREIRO, GABRIEL

TLALPOTEC

“Dende neno quero ser deus. Conténtome co rol dun deus cativo, de terceira ou cuarta fila do Olimpo, pero coa capacidade de xogar ao meu antollo con persoas, personaxes e persoeiros, talmente como adoitan facer os irresponsables deuses. Porque iso é, no fondo, todo escritor: un deus ocioso que zarandea ás súas criaturas de acó aló coma unha nena os seus monecos, para compensa-la demencia de vivir. Diso vai boa parte deste libro, de crear mundos e ata as divindades que mangoneen eses mundos. Fraccionado en tres partes, cabe dicir que a división en lendas, parábolas ou calquera outro apartado literario, é sempre artificiosa. Os lindes da fábula cos mitos, coma os de tantas leiras da nosa terra, son tan imprecisos que a nada que un mova o marco dunha teogonía cae no romance ou na epopea con suma facilidade. Na primeira parte (Fábulas) procurei conserva-lo aire clásico do xénero rebaixando coellos, asnos e raposos a condición humana con fines pedagóxicos. Na segunda (Mitos), sen perder de todo ese propósito didáctico, compracinme en deforma-los modelos estereotipados por pura diversión. A terceira (Cosmogonía
  • Editorial: Medulia |
  • Páxinas: 188 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-19438-60-7 |