TLALPOTEC
Dende neno quero ser deus. Conténtome co rol dun deus cativo, de terceira ou cuarta fila do Olimpo, pero coa capacidade de xogar ao meu antollo con persoas, personaxes e persoeiros, talmente como adoitan facer os irresponsables deuses. Porque iso é, no fondo, todo escritor: un deus ocioso que zarandea ás súas criaturas de acó aló coma unha nena os seus monecos, para compensa-la demencia de vivir. Diso vai boa parte deste libro, de crear mundos e ata as divindades que mangoneen eses mundos. Fraccionado en tres partes, cabe dicir que a división en lendas, parábolas ou calquera outro apartado literario, é sempre artificiosa. Os lindes da fábula cos mitos, coma os de tantas leiras da nosa terra, son tan imprecisos que a nada que un mova o marco dunha teogonía cae no romance ou na epopea con suma facilidade. Na primeira parte (Fábulas) procurei conserva-lo aire clásico do xénero rebaixando coellos, asnos e raposos a condición humana con fines pedagóxicos. Na segunda (Mitos), sen perder de todo ese propósito didáctico, compracinme en deforma-los modelos estereotipados por pura diversión. A terceira (Cosmogonía
- Editorial: Medulia |
- Páxinas: 188 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-19438-60-7 |