Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Rimbaud, Arthur

As iluminacións


O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu

Une saison en enfer.

Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a ruptura
definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de Les Illuminations, escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato, porque a súa é unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos surrealistas e dos bisnetos da

Beat Generation.

Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e os burgueses, e
a posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aos lóstregos
da súa cólera; traducidos agora para o galego por Tamara Andrés e Oriana
Méndez, con admiración e esmero.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 128 |
  • Dimensiones: 145x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: Tamara Andrés; Oriana Méndez |
  • ISBN: 978-84-19213-46-4 |