Meniños Cantores - Volume 2
Meniños Cantores 2: Cantamos nós! é unha viaxe por centros educativos dos concellos limítrofes galegos e portugueses para dar a coñecer o patrimonio común. Este proxecto, promovido por Ponte... nas ondas!, é o segundo volume, dezasete anos despois do exitoso primeiro lanzamento. Neste pack atoparás un libro con información sobre os centros participantes, textos de expertos do noso patrimonio, acceso á serie documental e unha tarxeta de datos que inclúe os contidos audiovisuais: 18 cancións, 18 videoclips e 18 karaokes. Un modelo, unhas boas prácticas, un traballo co patrimonio inmaterial galego-portugués realizado por 17 centros educativos coa colaboración de músicos e artistas profesionais, unha viaxe pola música e as melodías do patrimonio inmaterial.
- Editorial: Libros Walden |
- Páginas: 84 |
- Dimensiones: 248x218 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-09-35435-1 |