Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Filgueira Valverde, Xosé

ADRAL

Escritos coa intención "de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo", Xosé Filgueira Valverde xuntou artigos escritos incialmente para os xornais e foinos publicando en libro, co título de Adral, desde 1979 ata o ano da súa morte. A unidade vén dada por un fito, Galicia, e pola vontade de servir á súa cultura.
Filgueira Valverde compón os volumes do Adral arredor de eixes temáticos nos que agrupa artigos sobre a toponimia e nos nomes; sobre símbolos coma o labirinto, o reloxo de area e as escaleiras; sobre os ritos que sinalan o paso do tempo, entre eles festas anuais coma o entroido, os maios ou o magosto; e sobre mesteres coma o de canteiro, o de fogueteiro, ou o de «sementador de cruceiros». Dedica tamén ás artes un mangado de textos, nos que trata, por exemplo, da obra de Prieto Nespereira, de Rubens e de Federico Mompou, ou
estuda temas coma o estilo e o grafismo, a cerámica de Sèvres, os retábulos e a arquitectura relixiosa. Tampouco as letras quedan á marxe dos seus intereses intelectuais, desde os cacioneiros medievais aos romances, dos pseudónimos de Otero Pedrayo ás obras de Cabanillas e de Feixoo.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 444 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9865-603-9 |