PEL DE CROCODILO
A morte de seu pai trastorna de xeito imprevisto a vida da Olga, converténdose no detonante dun cambio radical marcado polo encontro casual cun personaxe peculiar e carismático, Iuri Volk. Nese ano en que a choiva é unha constante que limita e acompaña, a Olga vese envolta nun proxecto teatral do que Volk é o produtor, motor e alma. Deste xeito, a novela invítanos a deixarnos levar coa protagonista por un camiño cheo de incertezas que é un perderse e un atoparse ao mesmo tempo. Unha novela escrita na era do eu e en primeira persoa, mais na que os verdadeiros protagonistas son os outros, os lugares e as persoas; dende o convencemento de que o mundo é fóra.
- Editorial: Medulia |
- Páxinas: 240 |
- Dimensións: 150x230 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-19438-77-5 |