Así vou eu, formando parte
Luísa Villalta foi un alustro que cruzou o tránsito de dous séculos e nos deixou unha poesía atravesada pola busca da verdade na palabra. Entrou na arte a través da música pero un día decidiu anoar as cordas do seu violín era unha experta instrumentista e fuxiu dos palacios como as princesas para adentrase no bosque, acirrada pola necesidade de coñecer. Así vou eu, formando parte, título que fai referencia a unha das frases da autora, é unha secuencia de lectura nova sobre a poesía rebelde de Luísa Villalta e, ao mesmo tempo, unha mirada documental sobre os seus procesos de liberade creadora. Estamos ante unha poesía que lle esixe a cada poema algo máis alá do pensado.
- Editorial: Chan da polvora |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-127711-2-1 |