O segredo das Irmas Asorey
A proclamación da II República, o 14 de abril do 1931, coincide coa morte do prestixioso doutor Asorey en Santiago de Compostela e co asasinato da lavandeira que se ocupaba de facer a bogada na casa del. A incerteza do tempo histórico e o medo das súas catro fillas, que vivían con el, vainas obrigar a tomar unha decisión que condicionará as súas vidas para sempre. Unha novela de personaxes, que recrea un mundo a piques de mudar para sempre. No seu debú literario, Marta Estévez demostra ter man para crear situacións de intriga e atopar nos detalles o fío que une o evidente co máis profundo do ser humano.
- Editorial: Aira editorial |
- Páxinas: 376 |
- Dimensións: 160x220 |
- Idioma: castelán |
- Tradución: Lorenzo, César |
- ISBN: 978-84-127695-5-5 |