Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

NUÑEZ, FRAN

Manuela Rey is in da house

Manuela Rey, “a muller lirio”, é máis que unha liña no libro dos enterros do cemiterio dos Praceres, en Lisboa. É un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa de aldea, en 1842, e remata no Teatro Nacional Dona María II, en Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa. De Galicia a Portugal. 23 anos de vida. 23 anos de teatro. Como reconstruír unha vida onde só temos anacos soltos e contraditorios? Sabemos que despois de seis anos foi entregada a unha compañía teatral itinerante, que percorreu León, Palencia, Bragança, Valença, Ponte de Lima, Viana do Castelo, Régua, Porto para que o grupo familiar adoptivo chegase a Lisboa e triunfase no Teatro Nacional Dona María II e morrese como unha estrela aos 23 anos. Manuela Rey é a historia esquecida do teatro galego e portugués. Actriz. Escritora. Neste espectáculo tentamos recuperar o que quedou da súa memoria. Porque sen memoria non hai Historia.
  • Editorial: Positivas |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-128055-3-6 |