Animais de compañía
A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesen máis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro.
Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vila unha tremenda confusión que chegou a alarmar as autoridades.
Que habería de certo no misterioso recipiente da anciá?
Animais de compañía é un relato construído a partir dun xogo de palabras que amosa o moito que pode variar a percepción dos acontecementos ao iren pasando de boca en boca.
Estes versos rimados e cheos de humor animan os lectores a xogar por si mesmos formando e deformando a linguaxe; unha proposta que nos remite á obra de clásicos como Lewis Carroll

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páginas: 36 |
- Dimensiones: 220x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8464-329-6 |