Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

AA.VV.

Rexistros no vento

Estas páxinas constitúen, hoxe por hoxe, o epistolario oteriano máis relevante. Están presentes nelas todas as virtudes do autor no xénero epistolar, agrandadas polas características do destinatario, Francisco Fernández del Riego, quizais o colega intelectual e o “irmán” con quen mellor se entendeu don Ramón despois do falecemento de Castelao, e quen arrinca da súa pluma palabras e confidencias que nunca ninguén suscitou.

Patricia Arias Chachero é a responsable da transcrición e anotación do case medio millar de cartas, 347 de Otero Pedrayo e 104 de Fernández del Riego, escritas entre 1934 e 1975. A creación da editorial Galaxia, a Real Academia Galega, a morte de Castelao, as xuntanzas festivas, a mata dos porcos (“os da vista baixa”), os proxectos literarios e outras confidencias biográficas inimaxinables son algúns dos grandes temas presentes neste epistolario.
  • Editorial: Real Academia Galega |
  • Páginas: 577 |
  • Dimensiones: 165x240 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-17807-30-6 |