Doutrina e ritual da moi nobre orde galega do Sancto Graal - A estrela do apósto
No ano 1914 Vicente Risco asiste en Madrid ao Parsifal de Wagner, de inspiración celto-cristiá, que considera como arte suprema. E velaí a inspiración para o borrador da Doutrina do Sancto Graal, reivindicación do seu simbolismo: o cáliz, a estrela, o corno, os montes sacros de Galicia
, desde un realismo máxico que lle porá aura á creatividade daquel tempo.
Felipe-Senén López Gómez achéganos nesta edición un pormenorizado estudo, transcrición e notas, ao redor dos textos dun Risco impregnado do panceltismo que floreceu na Galicia de finais do século XIX e inicios do XX.

- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 256 |
- Dimensións: 217x238 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1176-207-6 |