Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pons, Ponç

NURA

Comecei a escribir "Nura" un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de candeas e co "Requiem" de Mozart a todo volume. "Nura" é o nome que lle puxeron os fenicios a Menorca e significa "Terra de Lume". Un lume que aínda queima por dentro e representa a paixón pola literatura. Cando construía o poema, fun elaborando, intertextualizando, o eco doutras voces por mor de fundi-los vellos ecos da tradición coa voz da modernidade. "Nura" é un canto de amor á Menorca que coñecín de neno e agora, máis afectada polo turismo, dóeme, amo e levo dentro do meu corazón. "Nura" é o intento de versear con palabras toda unha serie profunda de inquedanzas e preocupacións, lembranzas, desasosegos. Ponç Pons.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páxinas: 77 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Xosé M. Outeiriño Gallego |
  • ISBN: 978-84-8487-665-6 |