Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

VUONG, OCEAN

Somos un pestanexo radiante na Terra

Un fillo escríbelle unha longa carta á súa nai, que non sabe ler. A carta é en realidade un exame de conciencia, un repaso aos elementos clave que foron conformando a súa identidade como fillo dunha familia de vietnamitas que fuxiu do seu país rumbo aos Estados Unidos e como mozo que descobre e asume a súa homosexualidade.
Esta novela é asemade un testemuño do amor tenso pero innegable entre unha nai solteira e o seu fillo, e unha exploración brutalmente honesta da raza, a clase, a sexualidade e a masculinidade.
Somos un pestanexo radiante na Terra trata tanto do poder de contar a propia historia como do silencio devastador de non ser escoitado. Con asombrosa urxencia e elegancia, Ocean Vuong escribe sobre persoas atrapadas entre mundos dispares e pregunta como podemos sandarnos e rescatarnos entre nós sen abandonar quen somos. A cuestión de como sobrevivir e como facer diso unha especie de alegría impulsa a novela debut máis importante en moitos anos.
  • Editorial: Hércules ediciones |
  • Páginas: 240 |
  • Dimensiones: 140x210 |
  • Idioma: castelán |
  • Traducción: VERES XESTO, ANTIA |
  • ISBN: 978-84-19754-38-7 |