Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

DOBAO, X. ANTON

O TIGRE NA BOCA DO LAGARTO

Unha parella que se perde no medio da fraga e se reencontra, un eterno retorno entre a paixón erótica e o abismo, a vida que constrúe o desexo ou o desexo que organiza a vida, o azar e a súa tráxica e caprichosa vontade, as lóxicas do dominio e o control, da rebelión e a sabotaxe, o desafío material da realidade e as opresións do traballo, as normas do éxito e do fracaso, a loucura irrefreable do poder coas súas dinámicas absurdas e inaccesibles, e a ousadía de concibir a posibilidade de desconectalo... Estes contos narrados desde o interior da boca do lagarto, o mesmo lugar en que o tigre amosa os dentes afiados coma navallas, observan a realidade desde diferentes perspectivas, desde dentro e desde fóra, desde as teas da aparencia e desde o núcleo descarnado da rede que nos conecta e nos vixía asemade. Entre a complexidade do material e a simpleza dos signos dun código binario. Os personaxes son carne e alento e ao mesmo tempo impulsos electromagnéticos nun metaverso caprichoso e sen regras fixas. Talvez iso somos os humanos. «O tigre na boca do lagarto» é un conxunto de historias sobre os seres humanos e o
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 184 |
  • Dimensiones: 155x230 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1110-560-6 |