Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Pacho Blanco, Xosé M.

O que non ten prezo

Se hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar, de sermos mellores. Esta historia pescuda na esencia do ser humano, dende Galicia ata a India, transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapándose de todas as vidas para entender o que realmente nos une.
Porque un billete de cor púrpura pode cambiar o mundo, ou polo menos tentalo. Un mundo onde se agochan personaxes que gozan da felicidade, que cobizan o amor, o sexo e a beleza. Porque iso é a vida, o que somos e o que queremos ser.
O prezo dos nosos soños.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 150 |
  • Dimensións: 149x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-222-9 |