Horario de verano: De lunes a viernes de 10:30 a 14:00 h y de 16:00 a 19:00 h. Sábados y domingos cerrada. Contacto: [email protected] / 981 560 250

SUÁREZ REDONDO,ROSA

A MIÑA VIDA NOUTRO LUGAR

Mercedes volveu de EUA embarazada dunha filla,Indira, á que nunca lle desvelou a identidade do seu pai. Tres décadas transcorren entre esa viaxe de ida e volta de Ribadomar a Denver, para cursar estudos universitarios, e a de Indira, quen segue as pegadas da súa nai e regresan de América con información inesperada e reveladora. Con prosa sinxela e ritmo áxil, cun chisco de humor e misterio, sen pudor nin sentimentalismos, A miña vida noutro lugar narra a vida íntima dunha muller que valora o alleo sempre por riba do propio. O olenco de personaxes é amplo, unha nai omnipresente; unha vidente chicana; un mozo indio; un compañeiro de vida francés; un amantee vasco; un vello veciño navegante, un par de amigas ao outro lado do Atlántico... Amor, soidade e identidade impregnan estas páxinas.
  • Editorial: Toxosoutos |
  • Páginas: 126 |
  • Dimensiones: 130x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-128497-5-2 |