Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Do Roxo, Clara

A raposa muiñeira

Unha raposa moi traballadora que ten un muíño na serra do Courel, dous ratiños africanos, un can de podengo xubilado, un burro fariñeiro novo e atolado, e un ourizo cacho orfo adoptado pola raposa son os personaxes principais dunha historia inclusiva na que todos teñen cabida e cada quen é importante. Este conto narra a historia do día no que a cobiza humana quixo destruír a beleza e o equilibrio da serra. Ese día o Courel esperta diferente, non recende coma sempre, escóitanse estraños ruídos, hai lumes de fogueiras, lixo polo monte e polo río, e leñadores cortando árbores. A raposa muiñeira xunto cos animais da serra tentarán parar a desfeita, pero non poden facelo sós, precisan contar con axudas doutro mundo, o espírito do poeta do Courel, Uxío Novoneyra, e unha Santiña Compaña rebuldeira e divertida. A raposa Muiñeira é un conto coa esencia da tradición oral e dos contos encadeados, os retrousos populares. Unha historia que mostra como é posible a convivencia humana, animal e vexetal na serra do Courel e a necesidade da conservación do medio natural.
  • Editorial: Elvira |
  • Páxinas: 40 |
  • Dimensións: 240x170 |
  • Idioma: Galego |
  • Ilustración: Francesca d'a Silva |
  • ISBN: 978-84-126395-7-5 |