Como chega o sal ao mar
Como chega o sal ao mar, a primeira e máis coñecida novela de Brigitte Schwaiger, publicouse orixinalmente en 1977 e converteuse decontado nun incontestable éxito editorial. Vendeu case medio millón de exemplares no conxunto de territorios xermanófonos e alzouse como unha das dez novelas en lingua alemá con mellor acollida internacional no século XX grazas ás traducións publicadas en máis de quince idiomas.
A obra conta en primeira persoa a historia dunha muller nova, sen nome, a quen a monotonía da existencia cotiá a canda Rolf, o seu controlador marido, fai caer na desesperanza. Malia os seus intentos iniciais de se adaptar ás convencións sociais, deseguida repara no asoballamento e a violencia aos que se ve sometida e trata de remedialos dende a transgresión. A reinvención que a protagonista acomete irá acompañada de interesantes análises de situacións concretas do pasado, onde non sempre nin ela nin os seus seres queridos saen ben parados.
As expectativas frustradas da protagonista sobre a vida conxugal, descritas con inusitada crueza, os temas tanxenciais que aborda (o provincianismo burgués, o casoiro temperán, o aborto, a depresión, a infidelidade ), o carácter autobiográfico da historia, o cariz punzante e anovador da escrita e o dominio técnico á hora de representar o fluxo da mente da narradora son algunhas das razóns que apuntalan a calidade e o atractivo do relato.

- Editorial: Huguin e Munin |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Rosa Marta Gómez Pato |
- ISBN: 978-84-128075-4-7 |