R. González Villar e a sua época
A primeira publicación do Colexio de Arquitectos obedecía á consciencia de que un dos labores máis importantes que o Colexio tiña por diante era contribuír á sistematización do coñecemento da tradición arquitectónica de Galicia, abranguendo non só a arquitectura histórica e as construcións populares senón tamén as manifestacións máis recente do quefacer profesional, integradas xa no patrimonio cultural colectivo. A elección da obra de González Villar veu propiciada polo polémico derrubamento do edificio Castromil, en Santiago de Compostela, e porque a época en que se desenvolveu a súa actividade é apaixonante e incidiu de modo decisivo na realidade actual.
- Editorial: COAG |
- Páginas: 170 |
- Dimensiones: 210x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-85171-02-6 |