Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Viña Varela, Ramón

Moito que contar

Este libro é un exercicio de xornalismo. A carón dos grandes nomes do deporte agroman tamén persoeiros e feitos menos visibles. A historia e a intrahistoria. Seguimos o Deportivo de onte, de hoxe e de sempre. As súas xestas nacionais e internacionais e as súas lendas: Amancio, Arsenio, Luís Suárez, Vicente, Fran, Djukic, Bebeto, Mauro Silva ou Djalminha. O foco ábrese para inserir historias do Celta ou do Compostela e doutros deportes como o baloncesto, o ciclismo ou o hóckey.

Sobre o traballo metódico e vivencial de Moncho Viña, un dos grandes xornalistas deportivos galegos, Moito que contar ábrese tamén ás achegas que realizaron Alfonso Hermida, Adrián Viña Menéndez e Henrique Rabuñal. O libro contén ademais un feixe de fotografías que inmortalizan tempos e lugares.
  • Editorial: Baía edicións |
  • Páginas: 280 |
  • Dimensiones: 170x240 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9995-450-9 |