Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Riobó, Pedro P.

Tina e Xeró

Durante o verán que separa os seus respectivos aniversarios, unha nena e un neno navegan nunha dorna até unha illa deshabitada na que, por azar, descobren un terríbel segredo que os levará a expoñerse a ameazas e perigos impropios da súa idade. Na grande aventura que vivirán, Tina e Xeró terán que encararse co mundo dos adultos, inzado de ocultacións, contradicións e desconfianzas, no que parece dominar sempre a inxustiza e a cobiza.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 216 |
  • Dimensións: 155x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-590-3 |