Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Núñez Seixas, Xosé M.

Os inmigrantes imaxinados

Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina, a máis importante de América, entre finais do século XVIII e mediados do XX, e analiza a conformación da súa identidade colectiva en relación coas imaxes que sobre os inmigrantes circulaban naquela sociedade, na esfera pública e literaria, entre os séculos XIX e XX, o peso dos estereotipos negativos e a súa evolución, a competencia e complicidade con outras colectividades, nomeadamente a italiana, e o papel das elites galegas no fomento de imaxes alternativas do bo inmigrante.
Tamén se revisan as actitudes dos inmigrantes cara á súa lingua e estúdanse as súas festas, miradoiros para esculcar as dinámicas de convivencia e conflito de diversos referentes identitarios, con especial atención ao teatro xerado na colectividade galega de Bos Aires.
Un rico calidoscopio de imaxes, estereotipos e contraimaxes que neste libro se reconstrúe para contribuír ao coñecemento das mentalidades e imaxinarios da diáspora, parte indispensábel da historia da Galicia contemporánea.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 432 |
  • Dimensións: 148x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-322-6 |