Enciclopedia perplexidade
Unha obra para achegarse ao universo creativo dunha das fifiguras
máis destacadas e polifacéticas da cultura galega contemporánea.
Tras Melancoholemia. Vida de mamarracho, Antón Reixa regresa á colección
Rizomas con Enciclopedia perplexidade, unha antoloxía dos seus poemarios
publicados entre 1976 e 2023: Crebade as liras, Silabario da turbina
e A dama que fala -ambos co colectivo Rompente-, As ladillas do travesti,
Historia do rock and roll, Transporte de superficie, Ringo Rango,
Escarnio, Látego de algas, Leccións de cousas, Algo raro pasa raro,
Michigan, acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, Outlet ou o recente
2ª man.
No prólogo da obra, o profesor e escritor Xabier Cordal afirma que de entre
todas as facetas creativas na traxectoria de Reixa -cine, televisión, radio,
música, videoarte, performance - a poesía ocupa o primeiro lugar.
A perplexidade sobre o mundo e sobre a vida, unha forma intelixente de
escenificar o caos segundo o autor, son unha constante nunha obra que
abarca unha ampla temática: a estrañeza do cotián, as fraudes do idealismo,
o inconsciente, a decadencia, o desexo e o tabú, a depredación capitalista, a
violencia colonial en Galicia e noutros pobos

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páginas: 176 |
- Dimensiones: 150x235 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-19213-50-1 |