A dama que fala
Dadaísmo, surrealismo, rabudismo, inconformismo, rupturismo, rompentismo. Diso vai A dama que fala. Este libro de Rompente é a reedición do último libro que publicou o grupo en 1983, antes de separase. Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón reuniron baixo o toldo de ôA damaö (un espectáculo que tivo varias versións) a parte da vangarda artística de Galicia daquel tempo: os artistas plásticos Menchu Lamas, Antón Patiño, Ánxel Huete e Guillermo Monroy e os compositores Enrique X. Macías e Julián Hernández. Cumpridos xa os 40 anos da primeira edición, cómpre mergullarse agora na ôperturbación Rompenteö cun libro onde se recuperan os textos orixinais e a pegada estética de Lamas e Patiño. Neste volume inclúese tamén un apéndice documental que quere axudar a visualizar aquel tempo de grandes preguntas e silenciosas perplexidades. Se cadra, igual ca hoxe.
- Editorial: Elvira |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-126334-7-4 |