Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Carson, Rachel

O sentido do abraio

A celebración da natureza para persoas de todas as idades. Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962). Na publicación orixinal na revista WomenÆs Home Companion (1956), este texto ía dirixido a nais e pais e animábaos a explorar a natureza coas súas crianzas a fin de cultivaren xuntos o sentido do abraio. Esta obra é a base dun proxecto moi persoal da autora que había converterse no que ela denominaba O libro do abraio. Carson faleceu antes de poder darlle a forma esperada, pero o espírito e a súa teima persoal están aquí: como explorar e conservar durante toda a vida a capacidade do abraio, unha batalla que, segundo ela, só se gaña ou perde na infancia. Libro de de encadernación coidada con textos, fotos e papel cebola verde que vos fará evocar á natureza.
  • Editorial: Catroventos |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-127425-6-5 |