Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Millwood Hargrave, Kiran

A rapaza de tinta e estrelas

Unha historia sobre amizade, descubertas, mitos e maxia, ambientada nun universo imaxinado que enganchará os máis novos á lectura.Isabel ten prohibido saír da illa de Joya, pero soña con terras afastadas que o seu pai, un célebre cartógrafo, debuxara en mapas.
Cando a súa mellor amiga desaparece, participa na súa busca. Guiada por un mapa antigo e polo seu coñecemento das estrelas, Isabel navega polos perigosos Territorios Esquecidos da illa. Pero baixo os ríos secos e os bosques mortos, un demo de lume esperta do seu soño.
  • Editorial: Sushi books |
  • Páxinas: 210 |
  • Dimensións: 140x210 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Rodríguez Barcia, Moisés |
  • ISBN: 978-84-16884-19-3 |