A GALICIA DESEÑADA. SIMBOLOS, MARCAS E IDENTIDADES GRAFICAS
A Galicia deseñada é un percorrido único pola historia e cultura do deseño galego, narrado a través dunha selección de 100 símbolos, marcas e identidades gráficas que axudan a entender como evolucionou o noso patrimonio visual. Esta obra nace coa vontade de contribuír á creación dunha historiografía do deseño galego e de ofrecer un catálogo de referencia para a divulgación, consulta e inspiración para as deseñadoras e deseñadores do presente e do futuro.
Organizada en cinco períodos históricos dos antecedentes á contemporaneidade, a publicación non só traza unha secuencia narrativa coherente, senón que tamén busca establecer pontes entre épocas, interpretando a historia como un relato colectivo.
O volume, de 700 páxinas, divídese en tres partes: unha primeira, con textos que exploran a nosa memoria gráfica no contexto dos grandes movementos globais; unha segunda, que presenta cen marcas acompañadas de explicacións contextuais; e unha terceira, de 250 páxinas, que reúne fotografías de aplicacións gráficas en soportes tan diversos como carteis, libros ou obxectos.
A Galicia deseñada é, en último termo, unha invitación a tomar conciencia do noso patrimonio gráfico e a celebrar o deseño como unha ferramenta esencial ao servizo da sociedade.

- Editorial: Fabulatorio |
- Páginas: 700 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-124260-5-2 |