Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Tacchini, Matilde

Isto é moi estraño

Un divertidísimo álbum que convida a xogar coas palabras e coas imaxes.
Mamá sempre di que eu son o seu pequeno coala. Papá non opina o mesmo,
cre que son o seu ratiño. E, cando durmo, non sei por que, os dous pensan
que son un leirón...
Cada día e en diferentes situacións, os adultos empregamos símiles e
metáforas que non sempre son ben comprendidos polas nenas e os nenos
máis pequenos. Estas aparentes dificultades son a materia coa que Matilde
Tacchini crea esta divertida historia, chea de humor, dobres sentidos e
situacións hilarantes que nos invita a xogar coas marabillosas posibilidades
creativas da linguaxe. As ilustracións de trazo fresco e rápido de Mercè
Galí dialogan co texto acentuando o seu sentido do humor e deixando
pistas sutís que nos conducen a un sorprendente final.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 32 |
  • Dimensiones: 220x220 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: RODRÍGUEZ, MANUELA |
  • ISBN: 978-84-1343-358-5 |