Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]
A Coruña, pasado e presente
Carmen Martínez Torrón e mais Xosé Castro Roig son dous coruñeses deses «de toda a vida». Con este proxecto repasan mediante fotos antigas extraídas de álbums familiares propios e alleos o pasado da nosa cidade, a súa evolución e os seus cambios, que discorren paralelos á vida dos retratados.
A Coruña foi e é unha cidade de emigración e de inmigración, berce de grandes políticos, de intelectuais e de literatos. O seu mesmo trazado urbanístico responde a unha longa historia de asedios, de comercio ultramarino, de pescadores e comerciantes, de ensanche e expansión por terra e por mar, de lecer e recreo.
Como bos coruñeses que son, Carmen e Xosé aman e critican a súa cidade a partes iguais, porque a queren. Pero, como calquera outro coruñés, cando alguén de fóra quere facerlles de menos, únense e sacan esa María Pita que todos levamos dentro. Non en balde, somos os tataranetos dos que resistiron o desapiadado ataque do corsario Drake.
Este libro é, en fin, unha cariñosa homenaxe aos coruñeses e á nosa novelesca Marineda.

- Editorial: Hércules ediciones |
- Páginas: 160 |
- Dimensiones: 240x165 |
- Idioma: castelán |
- Traducción: Baleirón Sóñora, Charo |
- ISBN: 978-84-121678-8-7 |