Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Fraga Costa, Sabela

A risa habitabel

Dun xeito semellante ao feminismo, o humor pode concibirse como unhas lentes concretas que nos axudan a ver o mundo partindo doutras coordenadas para desviarnos do esperado. Así, transitamos un camiño de dobre vía, de ida e volta constante, entre o serio e o absurdo, entre a realidade e a ficción. Neste libro de entrevistas, profesionais da cultura e artistas de diferentes disciplinas analizan o funcionamento e a relevancia do humor no campo da creación coa intención de coñecer tanto o seu potencial crítico coma as complexidades que o caracterizan. A través das prácticas artísticas presentadas, veremos como o «humor de conexión» opera por medio dunha ética baseada na empatía e na responsabilidade co obxectivo de facer a práctica política máis habitábel.
  • Editorial: Andavira |
  • Páxinas: 196 |
  • Dimensións: 150x210 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-128434-7-7 |