Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Agra, Agustín

Libro das contrarias

Sofía, unha prestixiosa fotógrafa, intérnase nun agreste parque nacional de Suecia onde só é posible subsistir durante o estío. McClaunasey, investigadora sobre o papel das mulleres na ciencia, avisa a Fátima da desaparición da amiga de ambas. Pretende que dean con ela baseándose nunhas indicacións ocultas nos libros e poemas que, con tal finalidade, Sofía deixou á mantenta. Fátima, ornitóloga na universidade de Cornell, rexeita participar na busca por considerar imposible a súa localización. Porén, a mensaxe da antiga amante impúlsaa a viaxar ata Lisboa. Alí visita unha exposición fotográfica en cuxas imaxes cre recoñecer a Sofía.
Cun foco iluminando sempre a ciencia e a arte, paixón das protagonistas, «Libro das contrarias» é unha deliciosa novela que nos convida a gozar de marabillosos lugares e a vivir situacións de emoción plena.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 96 |
  • Dimensiones: 155x230 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1110-671-9 |