Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

COSTAS, LEDICIA

Curriño. Fama ou fuga

Socorro! Secuestraron a Curriño! Non imaxines uns tipos fortes e con cara de malos, non. A secuestradora é Anxélica, unha nena moi fan de Curriño, que o recoñece na rúa e o leva á súa casa para coidalo e volver facelo famoso. Queira el... ou non.
Curriño bota en falta os seus amigos e, aínda que Anxélica é bastante prosma, tamén bota en falta ter preto alguén que lle dea agarimo e que o adore (como debe ser!). Así que terá que escoller. Que prefire recuperar: a súa antiga fama ou a liberdade, que acaba de descubrir?
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 74 |
  • Dimensións: 145x200 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-682-5 |