Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

De nais a fillas. Receitas para non esquecer

Ao longo da historia, as mulleres foron as verdadeiras gardiás e creadoras da cociña galega tradicional. Elas preservaron e transmitiron un saber culinario que hoxe é patrimonio da nosa cultura. Queremos honrar todas esas mulleres que, durante séculos, compartiron os seus coñecementos de xeración en xeración, creando unha ponte entre o pasado e o presente mediante receitas nadas nos fogares, transmitidas de nais a fillas.
Na década dos sesenta do século XX, foron as mulleres as que tomaron as rendas da gastronomía profesional xestionando mesóns, casas de comidas e restaurantes, intentando conciliar a vida familiar con interminables xornadas de traballo na hostalería.
Fixérono desde un lugar discreto e, en moitas ocasións, sen o recoñecemento que merecían. Coa profesionalización do sector, a súa impagable contribución quedou no anonimato, relegada por unha sociedade que lles arrebatou un oficio que durante séculos fora seu.
"De nais a fillas. Receitas para non esquecer" busca rescatar esas historias de esforzo, de creatividade e de sacrificio, dándolles a visibilidade e o recoñecemento que sempre mereceron
  • Editorial: Hércules ediciones |
  • Páginas: 256 |
  • Dimensiones: 240x240 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-19754-89-9 |